Salvemos Sanxenxo

20 fevereiro 2007

Nota de Prensa do Bng

POLÍGONO DE EXECUCIÓN INTEGRAL DE BALTAR (PEI-10)

Non hai peor mentira que a verdade a medias. Se houbese un campionato mundial para esta modalidade, os alcaldes e concelleiros do Partido Popular encheríanse de medallas e os de Sanxenxo levaríanas todas de ouro. Pero claro, esta táctica pode utilizarse cando se fala de vaguidades, mais cando a materia que se trata pode ser medida, cuantificada ou documentada, a terxiversación e manipulación dos feitos deixa en evidencia a quen a utiliza.

Un claro exemplo disto témolo na información que deu sempre o goberno do PP no Concello de Sanxenxo sobre a edificabilidade no ámbito do Polígono de Execución Integral de Baltar (PEI-10) en Portonovo, popularmente coñecido como a “Finca de Peña”.
O anterior alcalde de Sanxenxo mandou unha nota aos medios de comunicación, onde no seu primeiro parágrafo dicía:

Es falso que en el PEI nº 10 situado en el lugar de Baltar fuera rústico y por tanto se haya recalificado en el PXOM aprobado en el 2003. Es más, el SAU 8 que es como se llamaba a la zona en las Normas Urbanísticas de 1990, preveía la construcción de 400 viviendas mientras que en el PXOM el PEI 10 sólo se permiten 96 viviendas”.

Non se poden dicir máis mentiras en tan pouco espazo!

Di que “sólo” se permiten 96 vivendas, pois ben, o informe elaborado pola anterior xerente de urbanismo para o Plan Director de Infraestruturas de Abastecemento e Saneamento cifra o número de vivendas para o PEI-10 en 123. (Cálculo sinxelo de botar: 17.510 m2 x 0,70 m2/m2 = 123).

Di que as Normas anteriores ao PXOM contemplaban para esa zona a construción de 400 vivendas, pero non di en canta superficie! Debería explicar que a edificabilidade no SAU 8 era do 0,60 m2/m2 (no PEI-10 é de 0,70 m2/m2) e tiña as limitacións de: 40 vivendas por hectárea, unha altura máxima de 12 m. e que a superficie debería superar as 3 hectáreas.

Si lle aplicásemos a ordenanza das Normas de 1990 ao actual ámbito do PEI-10, só se poderían construír 70 vivendas.

En canto a altura máxima cifrada polas Normas en 12 m., co actual Plan contémplase a construción de baixo máis 3 andares o que supón unha altura de 17 metros.

Estes datos deben coñecelos os veciños e veciñas do concello, en especial os de Portonovo e, unha vez máis, teñen que ser os concelleiros do BNG os que os informen debidamente e dando como sempre unha información avalada por informes dos técnicos do propio concello.

A actual alcaldesa, como sempre, cala sobre estes feitos o que a converte en cómplice das actuación do anterior rexedor.

Documentos adxuntos deste documeto:

Condicións de edificabilidade anteriores a aprobación do actual PXOM do P.E.I. 10 sito no lugar de Baltar - Adina
Plan parcial


Máis Información relacionada:


Máis Salvemos Informa: (-1-) , (-2-)

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial