Salvemos Sanxenxo

27 setembro 2007

27/9/2007

  • A Xerencia de Urbanismo dará hoxe un paso máis para urbanizar un dos chans de Monte Faro



A Xerencia Municipal de urbanismo de Sanxenxo procederá hoxe á aprobación inicial do proxecto de estatutos e as bases de actuación no chan urbanizable número
14, unha das dúas parcelas que promove o Concello en Monte Faro.

Neste parcela particular, prevense a construción de 1.347 vivendas nunha superficie que ascende aos 336.000 metros cadrados. A urbanización necesitará un informe da Consellería de Medio Ambiente, de Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica debido á transformación que sufrirá a orografía do terreo.

De feito, a actuación sobre Monte Faro require unha deforestación masiva, que inclúe a talla de eucaliptos e piñeiros. Os piñeirais de Monte Faro contan cunha extensión de 200.000 metros cadrados e foron cualificados como urbanizables no Plan Xeral de Ordenación Municipal do ano 2003.
O colectivo Ecoloxistas do Salnés formularan alegacións contra a catalogación afirmando
que a promoción do proxecto causaría danos nunha zona de alto valor ambiental.

  • Empresarios valencianos

Un 70% do chan pertence a un grupo de empresarios valencianos liderados por Vicente Cotino Ferrer e Vicente Cotino Escribá, irmán e sobriño de Juan Cotino, ex conselleiro de Agricultura da Generalitat Valenciana.

Por outra banda, no plan parcial do chan 13 en Monte Faro contémplase a construció
n dun campo de golf e 1.436 vivendas. Ademais, o Concello eximiu aos promotores a obrigación de construír polo menos 250 vivendas a cambio de 3,8 millóns de euros, situación que obrigou a un redeseño do plan de urbanización.

Etiquetas:

1 Comentários:

  • Hola:
    Deixovos este enlace con máis información.

    http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3146_4_171739__GALICIA-Varias-constructoras-inician-1200-viviendas-tres-montes-borde-Sanxenxo

    Por Blogger iris, Às 10:35 da manhã  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial