Salvemos Sanxenxo

16 junho 2006

Salvemos Informa 10

  • Outra gran empresa inmobiliaria no noso concello
10-2-06 Acciona, adquiriu recentemente 31.886 metros cadrados de edificación neta, na parroquia Noalla, a menos dun quilómetro das praias da Lanzada e A Lapa.
A operación supoñerá un investimento 62,37 millóns de euros, segundo informou a propia compañía inmobiliaria.
O estudo prevé o desenvolvemento de 230 vivendas en dúas fases. As vivendas entregaranse de xeito sucesivo en novembro de 2008, maio de 2009 e xaneiro de 2010.
A metade da superficie será destinada construción de vivendas colectivas, cun total de 157 pisos, mentres o resto empregarase na edificación de 73 residencias unifamiliares.
A primeira fase da obra supoñerá un investimento de 45 millóns de euros, mentres que a segunda, supoñerá un desembolso de 17,37 millóns.
Acciona é outra das grandes empresas inmobiliarias que compra chan en Sanxenxo. A compañía Fadesa tamén construirá residencias na localidade. Ten previsto a edificación de 429 vivendas no alto de Miraflores, na parroquia de Padriñán. Trátase dun dos chans urbanizabeis máis importantes do municipio pola súa posición.

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 9

  • Os datos Falan por si solos

Compre cambiar as cousas en Sanxenxo!!!
O concello de Sanxenxo concentra o 10% dos pisos baleiros da provincia
Algo máis de cen de cada mil pisos baleiros na provincia concéntranse en Sanxenxo. O municipio cun dos prezos medios por metro cadrado máis elevados da provincia ten máis vivendas sen inquilinos que ocupadas. Porque se as familias renunciasen a vivir xuntas, o municipio tería para ofrecer á xente empadroada case unha vivenda por cada habitante.Das 13.585 residencias que se construíron no concello, só 4.719 teñen moradores habituais. O resto permanecen desocupadas a maior parte do ano.O groso do parque inmobiliario baleiro non o constitúen pisos de segunda residencia. Só 1.875 figuran como tal. Os 6.991 restantes son vivendas que contribúen a inflar o mercado especulativo do chan, segundo os expertos. Trátase de pisos que se compran, ou ben para especular ou para alugar en tempada turística, sen que durante o resto do ano contribúan a dinamizar un mercado de aluguer nin se poñan á venda para ampliar a oferta existente.

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 8


  • Coa costa non se xoga!!
  1. Modificación do P.x.o.m Xa!!

Image Hosted by ImageShack.us
Nota: Amarelo: Urbanizable; Rosa:Proteción de costas; Verde:Zona Verde
Salvemos Sanxenxo fai esta comparanza do Pxom feito por Telmo é os seus amigos os Construtores, é unha aposta independete como é a de Salvemos Sanxenxo
Desde Salvemos Sanxenxo apostamos por unha protección total do litoral do noso concello. Negámonos a construción de calquera edificación a menos de 100m da costa.
Na costa non caben cesión ,nin amiguismos , nin ningun tipo de cesións, a costa non se paga con cartos

Image Hosted by ImageShack.us
Proposta de Salvemos Sanxenxo

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 7

  • Estorbo Verde!!
Image Hosted by ImageShack.us

Salvemos Sanxenxo denuncia a construción de este edificio, nunha localización entre dunha estradas que non é a mais idónea (nese lugar o mais conveniente seria unha rotonda ou isleta).O concello mais a construtora intentaron amañar este delito paisaxístico ,creando unha zona verde( estorbo Verde) ,para elo invadiron a estrada para construíla.
Datos Obra: Construtora.......

Nota:Desde Salvemos Sanxenxo pedimos disculpas a construtora Benigno Esperón Por acusarlle este delito urbanístico que nada ten relación con el.

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 6

  • O s que rouban Escrituras en Festiñanzo son os mesmos que plantan lume ??
Desde Salvemos Sanxenxo solidarizámonos co noso veciño que por non querer vender un gran monte en Festiñanzo S.u.9, esta a ser perseguido e amordazado .
Os especuladores e o goberno local ( en este caso é o mesmo) están ansiosos de conseguir o 51%,para crear a xunta de compensación.
Veciños non vender!! non cedades diante dos criminais construtores.Se os construtores non obteñen o 51% , non teñen nada que facer...
Nota: Contrucuatro comprou 35000m en Festiñanzo


Un rexistrador da propiedade opina que os ladróns pouco poden facer cos documentos que subtraeron a un pensionista no seu domicilio a semana pasada

Fai unha semana dous homes disfrazados de operarios entraron na casa dun xubilado na zona de Festiñanzo Os Cotos. Atárono amordazaron. Subiron ao piso superior da vivenda, subtraeron uns documentos e marcháronse. O botín resultou ser unha escritura de propiedade dunhas leiras nun monte urbanizable de Areas.
A noticia causou gran sorpresa. Ata nun rexistrador da propiedade, coñecedor de todos os Movementos legais posibles que poderían motivar a alguén para cometer este crime. «É como de película, un auténtico misterio», comenta, o ilustre funcionario, que prefire que o seu nome non transcenda. «Cando o vin na televisión pareceume dos máis estraño, porque pouco se poden facer con eses documentos».
O rexistrador aclara que se trata dunha escritura pública, sempre existe unha copia no rexistro. Aínda que só a partir da década dos 90 estes documentos atópanse no rexistro. «Se realizou con anterioridade a eses anos hai que ir ao arquivo histórico, neste caso, o de Pontevedra».
O problema vén cando en lugar dunha escritura pública a acreditación de propiedade consiste nun contrato privado. «Neste caso, gardaría un resgardo do que se presentou á liquidación dos custos de emisión do contrato». Iso sempre que as partes presentasen a liquidación. «Existen moitos casos en Galicia en que, para non pagar os impostos, non se acode á liquidación», explica o rexistrador. Ocorre tamén coa extensión das leiras rústicas, que se inscribían por menos metros dos reais para pagar menos taxas.
«A situación do rexistro das leiras rústicas é moi complexa -prosegue-. Nos montes os lindes están moi pouco claros, en parte polo estado no que se atopa este, cheo de maleza. Tamén contribúe a inexactitude das medicións e o cambio ao sistema métrico decimal. En Galicia antes os terreos medíanse en cuncas e outras unidades distintas».
Existen tamén innumerables problemas coa titularidade das leiras, derivadas de herdanzas, transmisións e donacións irregulares de pais a fillos con numerosos herdeiros, moitos deles na emigración.
Con todo, pese a todo iso, ata se ese documento privado que gardaba celosamente o xubilado na súa casa fose o único papel que acreditase a propiedade deses lucrativos terreos, o rexistrador sen poder resolver o misterio.
«O señor di que o que queren é vender as súas leiras. Pero aínda que se quedou sen papel, os ladróns non poden vender a leira, porque para facelo 0teñen que demostrar primeiro que é súa», explica.
Tratar de falsificar
«O único xeito, di o rexistrador indo máis aló do que considera probable, é que os ladróns lograsen dalgún xeito acreditar que son os donos da leira. Para iso, en primeiro lugar, no catastro a leira debería figurar con titular anónimo, algo que é moi estraño». «En tal caso -prosegue-, os atracadores poderían intentar cumprir os seus propósitos, pero terían que incorrer nunha falsidade».
O rexistrador segue dándolle voltas ao misterio. Quizá pronto aparezan máis noticias relacionadas co caso. De momento o funcionario fai unha recomendación ao ancián. «Que se busque canto antes un avogado».

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 5

  • Que nos devolvan o que é noso!!!
Image Hosted by ImageShack.us
Este edificio vaise a construír encima dun espazo dunar de Portonovo( antiga conserveira Peña).No pasado este térreno foi térreno comunal cedido a conserveira a cambio de postos de traballo en beneficio de todos os veciños. Tralo peche de dita conserveira, estes terreos deberían ser devoltos o pobo xa que na actualidade no cumpren o fin para o que foron cedidos .
Notas : Salvemos Sanxenxo sabe que hai documentos que verifican que os térrenos foron cedidos a conserveira ( Se alguén os posúe nestes intres póñanse en contactos con nós.).

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 4

O Pxom feito no ano 2003 por o señor Temo Martín engadiu un Novo termo os Suelos urbaniazables. Quen non ten escoitado neste últimos tempos "teño que vender en Monte Faro se non exprópianme o terreo".
Que son os zaos ou S.u.?
Esta é a explicación, que convén ler con calma, de que é e que fai un axente urbanizador nos S.u.:
O axente urbanizador, que a lei galega denomina concesionario de obra pública . Trátase dun promotor inmobiliario, escollido por cada concello mediante un concurso, para construír edificios ou chalés nunha ampla zona urbanizable (S.U.) Unha vez comprobada a súa solvencia, calculado o prezo dos solares trala recalificación e presentado o proxecto de urbanización, o axente ha de esperar dous anos (durante os que debe negociar compras cos propietarios das leiras) antes de poder expropiar.(isto é o que esta ocurrindo en Festiñanzo S.u.9,Faro...)

Dous anos logo de obter a adxudicación dunha urbanización, o citado axente ten potestade para expropiar leiras e casas, con ou sen o acordo dos propietarios. A cambio, o promotor ten a obrigación de abonar unha indemnización -o prezo calculado para cada propiedade- a cada particular, quen terá facultade para escoller se cobra en metálico ou mediante unha parte da obra que se realice.
  • Que é unha Xunta de Compensación?
O proceso adoita comezar cando o Concello decide que nunha determinada zona pódese construír unha urbanización e establece que tipo de sistema utilizarase. Un dos máis habituais é o da xunta de compensación. As empresas van comprando terreos ata obter polo menos o 51% da superficie que necesitan. Despois intentan que o resto dos propietarios convértanse tamén en promotores da obra e paguen os gastos das rúas, saneamento e outras instalacións. A cambio poderán recibir unha ou varias vivendas segundo o chan que cedan. Para aqueles que teñan os recursos suficientes para investir, a recalificación dos terreos pode converterse en todo un negocio, pero non todos os afectados teñen diñeiro. E aquí é onde comezan os problemas.
Os que non queiran ou poidan sumarse á xunta de compensación serán expropiados. É o Concello o que, segundo a lexislación, debe establecer o Prezo xusto, pero este afástase case sempre dos valores do mercado. Os casos máis sangrantes, aínda que non os máis habituais, ocorren cando hai vivendas por medio.
Dous son principalmente as argucias legais empregadas polos municipios, o valor catastral e a denominada vía de urxencia. Gran parte dos expedientes que chegan ao xurado de expropiación -o primeiro tribunal que pode corrixir o prezo marcado e que, de feito, faio a diario- utilizan a cantidade que figura no catastro. Este adoita estar desatualizado, polo que se pode chegar a ofrecer 10.000 euros por unha vivenda. O uso do valor catastral, ademais, non se corresponde co que marca a lexislación sobre expropiacións, que establece un complexo método de cálculo en base ao que se denomina valor residual.

  • Nota: No noso concello dos 30 S.u. solo se fixo a xunta de compensación nos siguientes S.u:nº 1 sito no lugar de Os Cotos – Dorrón B.o.p, S.U. 19 :Cabicastro-Adina-Sanxenxo...


Un axente privado con poderes propios dun xestor público. Un monopolio en lugar dun mercado. Un promotor con poder absoluto sobre un territorio e sobre os seus ocupantes e propietarios.Unha vergoña que intenta o señor alcalde tapar invirtindo120000 euros en publicidade enganosa.


Image Hosted by ImageShack.usImage Hosted by ImageShack.us
Publicidade en númerosos xornais de tirada nacional Novapáxina da mentira:
http://www.sanxenxofuturo.org

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 3

  • INFORMACIÓN SOBRE O ESTADO DAS XUNTAS DE COMPENSACIÓN E S.U.
A N U N C I ONº 9 — Viernes 13 enero 2006 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 25
SANXENXO
Ratificación das resolucións adoptadas pola Presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo. Con data 23 de decembro de 2005, ditouse unha Resolución, do contido seguinte: “Vistos os acordos adoptados polo Concello Pleno en sesión de data 23 de decembro de 2005, de Aprobación Definitiva dos Plans Parciais en desenvolvemento dos Solos Urbanizables nº 1, 3, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 15, 19, 23, 28 e 29; e dos Estudios de Detalle en desenvolvemento dos Polígonos de Execución Integral nº 10 e 12, do P.X.O.M. vixente. Vistas as Resolucións adoptadas pola Presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, que a continuación de detallan: 1.—SOLO URBANIZABLE Nº 1. RESOLUCIÓN DE DATA 13/12/04 (B.O.P. 04/01/05): “APROBACIÓN INICIAL O PROXECTO DE ESTATUTOS E BASES DE ACTUACIÓN PARA A XUNTA DE COMPENSACIÓN DO S.U. nº 1 sito no lugar de Os Cotos – Dorrón.
RESOLUCIÓN DE DATA 18/03/05 (B.O.P. 05/05/05): “Aprobar definitivamente ó Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación para constituí-la Xunta de Compensación do S.U. nº 1“ RESOLUCIÓN DE DATA 26/07/05 (B.O.P. 20/09/05): “APROBAR INICIALMENTE ó Proxecto de urbanización do Plan Parcial do S.U. nº 1.“ RESOLUCIÓN DE DATA 16/09/05: “Aprobar a constitución da Xunta de Compensación do S.U. nº 1.“
2.—SOLO URBANIZABLE Nº 3. RESOLUCIÓN DE DATA 03/11/05 (B.O.P. 28/11/05): “APROBAR INICIALMENTE ó Proxecto de Urbanización para o desenvolvemento do SOLO URBANIZABLE. nº 3 (S.U.-3), sito no lugar de Arra - Adina
3.—SOLO URBANIZABLE Nº 6. RESOLUCIÓN DE DATA 25/11/05 (B.O.P. 27/12/05): “APROBAR INICIALMENTE ó Proxecto de Urbanización para o desenvolvemento do SOLO URBANIZABLE. nº 6 (S.U.-6), sito no lugar de Soutullo- Noalla.“
4.—SOLO URBANIZABLE nº 8. RESOLUCIÓN DE DATA 15/09/04 (B.O.P. 10/11/04): “APROBACION INICIAL DO PROXECTO DE ESTATUTOS E DE BASES DE ACTUACIÓN DO S.U.-8 EN A GRANXA - DORRON.“ RESOLUCIÓN DE DATA 18/03/05 (B.O.P. 08/08/05): “Aprobar definitivamente ó Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación para constituí-la Xunta de Compensación
que promove o Estudio de Detalle en desenvolvemento do S.U. nº 8.“
5.—SOLO URBANIZABLE Nº 15. RESOLUCIÓN DE DATA 14/12/04 (25/01/05): “APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE ESTATUTOS E BASES DE ACTUACION PARA A XUNTA DE COMPENSACIÓN DO S.U.-15.“ RESOLUCIÓN DE DATA 11/03/05 (B.O.P. 25/05/05): “Aprobar definifivamente ó proxecto de estatutos e bases de actuación para constituí-la xunta de compensación que promove o estudio de detalle en desenvolvemento do S.U. nº 15, “parque empresarial”, sito no lugar de Revolta–Nantes“ RESOLUCIÓN DE DATA 27/05/05 (B.O.P. 08/07/05): “APROBAR INICIALMENTE o proxecto de urbanización do Plan Parcial do S.U. nº 15 “ Parque Empresarial.“ RESOLUCIÓN DE DATA 03/11/05 (B.O.P. 01/12/05): “APROBACIÓN DEFINITIVA do Proxecto de Urbanización para o desenvolvemento do S.U. nº 15, sito no lugar de Revolta–Nantes EXCLUÍNDO EXPRESAMENTE: A) Calquera obra que afecte á servidume de protección do dominio público da vía rápida, ata que se acade a preceptiva autorización autonómica. B) As obras e urbanización da Zona Verde ZV-5, que haberán de ser autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, conforme ó Ditame da
Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de data 15/12/04.“ RESOLUCIÓN DE DATA 11/10/05: “APROBAR DEFINITIVAMENTE ó PROXECTO DE COMPENSACIÓN DO S.U. nº 15 “ PARQUE EMPRESARIAL” solicitado pola XUNTA DE COMPENSACION DO S.U. 15“RESOLUCIÓN DE DATA 05/08/05: “Aprobar a constitución da Xunta de Compensación do S.U. nº 15, para á súa inscrición no Rexistro Autonómico de Entidades Urbanísticas Colaboradoras, solicitada pola XUNTA DE COMPENSACIÓN DO S.U. nº 15.“ ´
6.—SOLO URBANIZABLE Nº 19.
RESOLUCIÓN DE DATA 07/07/05 (B.O.P. 17/08/05):
“APROBACIÓN INICIAL Ó PROXECTO DE ESTATUTOS
E BASES DE ACTUACIÓN PARA CONSTITUCÍÓN-
LA XUNTA DE COMPENSACIÓN DO S.U. nº 19. sito
no lugar de Cabicastro – Adina“
RESOLUCIÓN DE DATA 28/10/05 (B.O.P. 02/01/06):
“Aprobar definitivamente ó Proxecto de Estatutos e
Bases de Actuación para constituí-la Xunta de Compensación
do S.U. nº 19.“
7.—SOLO URBANIZABLE Nº 23.
RESOLUCIÓN DE DATA 25/11/05 (sen publicar):
“APROBAR INICIALMENTE ó Proxecto de Urbanización
para o desenvolvemento do SOLO URBANIZABLE.
nº 23 (S.U.23), sito no lugar de Pociñas – Noalla.“
8.—SOLO URBANIZABLE Nº 28.
RESOLUCIÓN DE DATA 23/02/05 (B.O.P. 11/04/05):
“Aprobar Inicialmente ó proxecto de urbanización do plan parcial do S.U. 28 , sito no lugar de Bouzón – Nantes, incoado a instancia de GESTION URBANISTICA
GALLEGA S.L.“

26 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 9 — Viernes 13 enero 2006
RESOLUCIÓN DE DATA 30/05/05 (B.O.P. 08/07/05):
“APROBACIÓN DEFINITIVA do Proxecto de Urbanización
para o desenvolvemento do S.U. nº 28, sito no
lugar de Bouzón–Nantes”.
9.—POLÍGONO DE EXECUCIÓN INTEGRAL Nº 10. RESOLUCIÓN DE DATA 05/08/05 (B.O.P. 20/09/05):“APROBAR INICIALMENTE ó Proxecto de Urbanización para o desenvolvemento do Polígono de Execución Integral nº 10 (P.E.I.-10), sito no lugar de Baltar–Adina.”
10.—POLÍGONO DE EXECUCIÓN INTEGRAL Nº 12. RESOLUCIÓN DE DATA 15/09/04 (B.O.P. 22/10/04): “APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE ESTATUTOS E BASES DE ACTUACIÓN DA XUNTA DE COMPENSACIÓN DO PEI-12 sito na estrada C-550, e Rúa da Igresa - Vilalonga.“ RESOLUCIÓN DE DATA 28/02/05: “Aprobar definitivamente ó Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación para a Xunta de Compensación, que promove o estudio de detalle en desenvolvemento do P.E.I. nº 12, sito na estrada C-550 e Rúa da Igresa (Vilalonga)”. RESOLUCIÓN DE DATA 07/03/05 (B.O.P. 16/05/05): “Proceder á subsanación dos erros observados, e Aprobar definitivamente ó Proxecto de Estatutos e Bases de Actuación para a Xunta de Compensación, que promove o estudio de detalle en desenvolvemento do P.E.I. nº 12, sito na estrada C-550 e Rúa da Igresa (Vilalonga).“ RESOLUCIÓN DE DATA 16/09/05: “Aprobar a constitución da Xunta de Compensación do P.E.I. nº 12, sito no lugar de Revel – Vilalonga, para á súa inscrición no Rexistro de Entidades Urbanísticas Colaboradoras, solicitada pola Xunta de Compensación do
P.E.I. nº 12.”
11.—APROBACIÓN DO CONVENIO SUBSCRITO
COA PROPIEDADE DO S.U. 11.
RESOLUCIÓN DE DATA 28/12/04 (D.O.G. 20/01/05): “Aprobación do Convenio Urbanístico asinado coa propiedade do S.U. 11, polo que o Concello percibe o 10% do aproveitamento lucrativo que lle corresponde.“
12.—APROBACIÓN DOS CONVENIOS SUBSCRITOS
COAS PROPIEDADES DO S.U. nº 3, S.U. Nº7 E
P.E.I. nº 10.
RESOLUCIÓN DE DATA 08/09/05 (D.O.G. 04/10/05): “Aprobar os Convenios urbanísticos coas propiedades dos solos urbanizables números tres e sete e a do Polígono de Execución Integral n º 10. O Concello percibirá o 10 % dos aproveitamentos lucrativos que lle correspondes mediante a percepción das cantidades equivalentes segundo valoración efectuada polo Arquitecto municipal segundo informe que consta nos expedientes“. Con base nos devanditos antecedentes, o Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo, ó abeiro do disposto no artigo 22.1.z.) dos Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, RESOLVE: ÚNICO.—Ratificar as Resolucións relacionadas, adoptadas por esta Presidencia Municipal de Urbanismo de Sanxenxo, correspondentes a actos posteriores que traen causa dos acordos municipais plenarios de data 23 de decembro de 2005 sobre aprobación definitiva dos correlativos documentos de planeamento secundario en desenvolvemento do P.X.O.M.”. En canto o contido dos acordos citados, remitirse ás publicacións nos Diarios Oficias que se sinalan para cada caso no presente anuncio, onde se mencionan tódolos aspectos relativos a tramitación que se poden verificar nos expedientes singulares. Contra a presente resolución que pon fin a vía administrativa poderase interpoñer os seguintes recursos: 1. Recurso potestativo de reposición ante o mesmo
órgano que dictou esta Resolución, no prazo dun mes contado dende o día seguinte o da publicación da presente, nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, de 13 de Xaneiro. Si se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición será resolto e notificado no prazo dun mes. Transcurrido un mes dende a interposición do recurso de reposición sen que teña recaída a resolución en dito prazo entenderase desestimado, e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo. Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderáse interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de Xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da notificación de dita resolución. Se a resolución nonfora expresan o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse desestimado o recurso potestativo de reposición presentado. 2. Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir dende o día seguinte ó da publicación da presente, na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdicción contencioso-administrativa. 3. Calquera outro recurso que estime pertinente.
Sanxenxo a 30 de decembro de 2005.—O Alcalde,
Telmo Martín González. 2006000264
——————
A N U N C I O
Aprobación definitiva dos plans parciais relativos
ós solos urbanizables nº 1, 3, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 15,
19, 23, 28 e 29; dos estudios de detalle relativos
ós P.E.I. 10 e 12; e doutros 9 estudios de detalle
que se citan.
O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o
día 23 de decembro de 2005, adoptou o acordo de
aprobar definitivamente os instrumentos de ordenación
urbanística de desenvolvemento do P.X.O.M.
que se relacionan, tal e como se expón nos apartados
primeiro e segundo do seu texto dispositivo:
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 1,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
17 de marzo de 2005 (DOG de 28/11/05).

Nº 9 — Viernes 13 enero 2006 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 27
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 3,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
31 de marzo de 2005 (DOG de 17/08/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 5,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
20 de outubro de 2005 (sen publicar).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 6,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de 4
de agosto de 2005 (DOG de 17/10/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 7,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
21 de abril de 2005 (DOG de 26/08/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 8,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
17 de marzo de 2005 (DOG de 06/07/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 11,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de 4
de agosto de 2005 (DOG de 25/10/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 12,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
23 de decembro de 2004 (DOG de 01/03/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 15,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
17 de marzo de 2005 (DOG de 05/07/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 19,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de 4
de agosto de 2005 (DOG de 17/10/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 23,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
12 de maio de 2005 (DOG de 01/08/05).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 28,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
16 de setembro de 2004 (DOG de 14/12/04).
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 29,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de 4
de agosto de 2005 (DOG de 29/09/05).
* ESTUDO DE DETALLE DO P.E.I. 10, segundo foi
elevado á Xunta de Goberno Local de 30 de xuño de
2005 (DOG de 05/08/05).
* ESTUDO DE DETALLE DO P.E.I. 12 segundo foi
elevado á Xunta de Goberno Local de 28 de outubro
de 2004 (DOG de 08/02/05).
* ESTUDO DE DETALLE EN FONTOIRA-PADRIÑÁN,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno
Local de 10 de maio de 2004 (DOG de 11/06/04).
* ESTUDO DE DETALLE EN OS COTOS-DORRÓN,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
25 de maio de 2004 (DOG de 29/06/04).
* ESTUDO DE DETALLE DO ANTIGO GARAXE
PROGRESO, segundo foi elevado á Xunta de Goberno
Local de 30 de setembro de 2004 (DOG de
13/12/04).
* ESTUDO DE DETALLE EN A REVOLTA-NOALLA,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno
Local de 28 de outubro de 2004 (DOG de 08/02/05).
* ESTUDO DE DETALLE EN O REVEL-VILALONGA,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local
de 16 de decembro de 2004 (DOG de 16/03/05).
* ESTUDO DE DETALLE EN A LANZADA, segundo
foi elevado á Xunta de Goberno Local de 2 de
xuño de 2005 (DOG de 05/08/05).
* ESTUDO DE DETALLE NA RÚA SAN ROQUE DE
PORTONOVO, segundo foi elevado á Xunta de Goberno
Local de 30 de xuño de 2005 (DOG de
08/09/05).
* ESTUDO DE DETALLE PARA DETERMINACIÓN
DA CONSOLIDACIÓN DA FRONTE MARÍTIMA
EN PASEO PRAIA DE SILGAR DE SANXENXO,
segundo foi elevado á Xunta de Goberno Local de
14 de xullo de 2005 (DOG de 12/09/05).
* ESTUDO DE DETALLE EN MIRAFLORES *
PADRIÑÁN, segundo foi elevado á Xunta de Goberno
Local de 10 de novembro de 2005 (sen publicar).
Conforme ó disposto no apartado terceiro do
texto dispositivo, as presentes Aprobacións Definitivas
operarán con carácter retroactivo dende que
foron ditados os actos da Xunta de Goberno Local
que se sinalan para cada un dos instrumentos de
ordenación. En todo caso, a eficacia será dende o
momento da aprobación, previos os trámites que
sexan mester conforme a dereito, é dicir, a presente
publicación e notificacións correspondentes.
Conforme ó disposto nos apartados terceiro e
cuarto do texto dispositivo dos acordos de Aprobación
Definitiva, subliñar que elo implica:
1º) Publicación do presente anuncio no Diario
Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.
2º) Remitirse ós Boletíns Oficiais da Provincia
que se citan de seguido, onde previamente publicáronse
os textos íntegros dos documentos que conteñen
a Normativa e as Ordenanzas dos instrumentos
de ordenación citados:
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 1,
B.O.P. 25/11/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 3,
B.O.P. 18/08/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 5,
sen publicar.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 6,
B.O.P. 03/10/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 7,
B.O.P. 29/08/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 8,
B.O.P. 07/07/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 11,
B.O.P. 27/10/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 12,
B.O.P. 02/03/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 15,
B.O.P. 08/07/05.

28 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA Nº 9 — Viernes 13 enero 2006
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 19,
B.O.P. 30/09/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 23,
B.O.P. 03/08/05.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 28,
B.O.P. 22/12/04.
* PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 29,
B.O.P. 16/09/05.
* ESTUDO DE DETALLE DO P.E.I. 10,
B.O.P. 08/08/05.
* ESTUDO DE DETALLE DO P.E.I. 12,
B.O.P. 31/01/05.
* ESTUDO DE DETALLE EN FONTOIRA-PADRIÑÁN,
B.O.P. 17/06/04.
* ESTUDO DE DETALLE EN OS COTOS-DORRÓN,
B.O.P. 25/06/04.
* ESTUDO DE DETALLE DO ANTIGO GARAXE
PROGRESO, B.O.P. 10/12/04.
* ESTUDO DE DETALLE EN A REVOLTA-NOALLA,
B.O.P. 31/01/05.
* ESTUDO DE DETALLE EN O REVEL-VILALONGA,
B.O.P. 02/03/05.
* ESTUDO DE DETALLE EN A LANZADA,
B.O.P. 08/08/05.
* ESTUDO DE DETALLE NA RÚA SAN ROQUE DE
PORTONOVO,
B.O.P. 18/08/05.
* ESTUDO DE DETALLE PARA DETERMINACIÓN
DA CONSOLIDACIÓN DA FRONTE MARÍTIMA
EN PASEO PRAIA DE SILGAR DE SANXENXO,
B.O.P. 15/09/05.
* ESTUDO DE DETALLE EN MIRAFLORES-PADRIÑÁN, sen publicar. 3º) Realizar as notificacións persoais de acordo á normativa vixente e ó deducido de cada expediente singular. 4º) Confirmar a remisión efectuada no seu día á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, de copias autentificadas de dous exemplares de cada un dos documentos Aprobados Definitivamente, tal e como consta acreditado debidamente en cada un dos expedientes. Contra estes Acordos, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer Recurso Contencioso Administrativo no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte da publicación deste Anuncio, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro Recurso ou acción que coiden oportuno.
Sanxenxo, 30 de decembro de 2005.—O Alcalde,
Telmo Martín González. 200600026

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 2

Image Hosted by ImageShack.us
A esquerda a igrexa de Bordóns

DATOS DO PLAN PARCIAL DE ALDARIZ. B.o.p
(16 SEPT.05) Ver
1.—Superficie ámbito según Plan General. ........... 39.540 m2
2.—Superficie ámbito Plan Parcial real SU-29. ...... 39.540 m2
(...)
8.—Aprovechamiento equipamiento privado............................... 340,00 m2
9.—Aprovechamiento parcela equipamiento público. ................. 1.329,08 m2
(...)
12.—Densidad máx. Plan General= 25 viv/Ha= 25 x 3,954=24,78 viv. /Ha.
13.—N.º máximo de viviendas según Plan Parcial: .. 98 (Adosado libr:77 Adosados. 21)
15.—SUPERFICIE PLAN PARCIAL
1.—Zonas de viv. Unifamiliar adosada libre ................... 15.437,57 m2 ...... 39,04%
2.—Zonas de viv. Unifamiliar adosada protegida............. 3.136,41 m2 ........ 7,93%
3.—Zonas verdes de uso público. .......................... 4.238,66 m2 ...... 10,72%
4.—Zona de equipamiento público. ................................ 1.898,69 m2 ........ 4,80%
5.—Equipamiento privado. ................................................ 1.903,61 m2 ........ 4,82%
6.—Red viaria. ................................................................. 12.925,06 m2 ...... 32,69%

B.o.p (16 SEPT.05) .VerPáx:39

Etiquetas: , ,

Salvemos Informa 1

Informo a todos os veciños de Sanxenxo (sobre todo os de Bordóns e Aldariz) que o S.U.19 (Aldariz) Xa esta aprobado inicialmente para proxecto de urbanización e podedes ir a miralo e Presentar alegacións:
+Zonas Verdes
- Especulación


¿De quen será esta nova empresa?Pombal de BordónsS.L.¡Cantas sociedades!("Os Galegos somos moi asociativos" estudiaremos en próximos capitulos as sociedades de todos S.U.S)


ANUNCIO SANXENXO (Aldariz)
Aprobación inicial do proxecto de urbanizaciónpresentado pola mercantil Pombal de BordónsS.L., para o desenvolvemento do S.U. nº 29 enBordóns- Sanxenxo.
Por Resolución da Presidencia de data 12 de maio de 2006, acordouse prestar aprobación inicial ó proxecto de urbanización presentado por Pombal de Bordóns S.L., para o desenvolvemento do S.U.29, no lugar de Bordóns-Sanxenxo(Aldariz), de conformidade coa documentación técnica presentada, redactada polo Arquitecto don Francisco Álvarez Pérez, con data de visado do 22 de novembro de 2005 e documentación complementaria visada do 28 de febreiro de 2006 e anexo de 2 de maio de 2006, e proxecto de instalacións redactado polo Enxeñeiro Técnico Industrial don Gonzalo Pérez Zunzunegui,con data de visado do 19 de outubro de 2005 e anexos con datas de visado do 22 defebreiro e 6 deabril de 2006.
Sométese o acordo e o proxectoa información pública durante o prazo de 20 días, a contar dendeo día seguinte ó da publicación deste anuncio noBoletín Oficial da provincia, ós efectos de que poidan ser examinados e, de se-lo caso, presenta-las alegacións procedentes.Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.
Sanxenxo, a 19 de maio de 2006.—O Presidente,
Telmo Martín González. 2006005615
Públicado: B.o.p :JUEVES 15 JUNIO AÑO 2006 Núm. 114 Públ

Etiquetas: , ,

Unidades de ordenación por P.E.R.I. no Pxom de Sanxenxo

Ampliar

TOTAL VIVENDAS EN P.E.R.I...............576

Etiquetas: ,